![]() |
Vitoria Ogando Valcárcel - Anxo González Guerra Catedráticos de Lingua Galega e Lit. xubilados |
1. Indicar cal das tres solucións significa o mesmo que a resaltada
1. Por levar esa vida anda á miñoca o Pedro.
2. Se o vexo, vou ter unhas palabras con el.
3. Agarda, que vou facer de corpo e xa volvo.
4. Paréceme que a ese lla van armar con queixo se non se move.
5. Hoxe o André está que non lle colle un grao de millo no cu.
6. A D. Afonso, desta vez saíulle a burra capada.
7. Cando escoitei iso, dixen coa miña lingua pequena: vai haber barullo.
8. Sabedes o que me contestou? Pois: xa se meteu o demo a predicador.
9. Parece que o seu avogado está decidido a tirar da manta.
10. Que fai? Pois, ultimamente, anda aos grilos.
11. Amigo, penso que con eses métodos vas mallar en ferro frío.
12. Non hai que lle facer, é un Xan debaixo da cama.
13. A Andrea pretende meterme os dedos polos ollos.
14. Se fallas, vaiche caer o pelo.
15. Sempre anda a lavarlle a cara a D. Rosendo.
16. O mellor vai ser dar sebo aos pés.
17. Esquece ese asunto, que sería botarlle aceite ao lume.
18. Púxose coma un pito ao saír da escola.
19. A ese vanlle calcar as costelas un día destes.
20. Veña, que xa me comeza a ladrar o estómago.
21. Parece mentira, déitase coas galiñas e anda cheo de sono.
22. Vaia, xa botaches a lingua a pacer!
23. Se queres conseguir algo del, has de lle untar o carro.
24. Pronto me decatei de que María lle enchía o ollo a Martiño.
25. Meu avó estaba sempre coas esporas postas mentres viviu alí.
26. Ese meu amigo do Salnés tiña dous irmáns bravos que vivían en Santiago (localización do dito)
2. Cada locución da primeira columna corresponde á explicación da segunda. Ordenalas
1. Saír a fume de carozo | 1. Tentar facer algo imposíbel |
2. Non ter unha fala máis alta que outra | 2. Elixir o que se queira e como se queira |
3. Escoller como en peras | 3. Despedir de má maneira |
4. Poñer o carro diante dos bois | 4. Non acougar en ningures |
5. Asar a manteiga na punta dun guizo | 5. Saír o máis rápido que se pode |
6. Dar coa porta nos fociños | 6. No máis vivo, no que máis doe |
7. Dar couces contra o aguillón | 7. Ver os perigos, os males de algo |
8. Esas son fabas contadas | 8. Facer algo moi á présa, antes do debido, ou ao revés |
9. Ser un cu de mal asento | 9. Preparar todo para que algo lle saia mal |
10. Entre o coiro e a carne | 10. Non alterarse por nada, ser comedido |
11. Botar os fígados | 11. Ir mesturando o bo e o mao |
12. Verlle as orellas ao lobo | 12. Estar desconfiado, temendo algo |
13. Andar coa mosca tras da orella | 13. Obstinarse con algo imposíbel |
14. Dar unha no cravo e outra na ferradura | 14. Tratarse de algo que escasea moito |
15. Facerlle a cama a alguén | 15. Traballar ou esforzarse demasiado |
3. Indicar o significado das locucións
Pór toda a carne no espeto.
Sangrar como un carneiro.
Ver o ceo aberto.
Levar o corazón na man.
Deixar co mel nos beizos.
Ter bo dente.
Entrar de gorra nun sitio.
Ir cos da feira e volver cos do mercado.
Saír coas orellas gachas.
Marchar co rabo entre as pernas.
Vivir de moca.
Andar coa area no zoco.
Cacarexar e non pór o ovo.
Andar con pés de la.
Estar en estado interesante.
Facerlle as beiras a alguén.
Facerlle a figa a alguén.
Estar como peixe na auga.
Ser agudo como un allo.
A procesión vai por dentro.
4. Indicar o significado da locución remarcada
Naquel sitio o sol aburaba as pedras.
Iso é como coller auga nun cesto.
Xa podes ir botando a barba a remollo.
Un sol deses que fai abrandar as pedras.
Desde a guerra non ergueu cabeza.
A ese hai que lle acusar as corenta calquera día.
Déixao, que hoxe non está para festas.
Sempre se foi gobernando co que lle daban os tíos e agora dá xenio velo.
Cando viu que o caixeiro estarricou a pata, tragouno a terra.
Mentres ti miras polas ovellas, eu vou mollar a palleta á casa.
Antes estaban como o can e o gato, agora téñense lei unha á outra.
Primeiro déronche gato por lebre e agora déixante na estacada.
Ese libro é todo palla aínda que o profesor o puxo polas nubes.
Dáme o corpo que ese libro é mais vello que andar a pé.
Deixa pasar uns anos e verás como todo se vai en fume, e acaba morrendo como un can.
Como non cambie de actitude, vai levar cachote.
Curar, curaches; mais quedaches feito unha espiña.
Outra vaca no millo! Mellor che sería estares calado.
Iso é un farrapo de gaita, non interesa.
Vai andando se queres, mais haiche a carreiriña dun can.
5.-Completar os seguintes proverbios coa palabra correspondente da columna dereita
1. Cando non hai can o raposo é ... | 1. compañeiro |
2. O comer e o rañar vai no ... | 2. mordedor |
3. Uns comen as noces e outros levan as ... | 3. Roma |
4. Nas uñas e nos pés haste parecer a quen ... | 4. neno |
5. Na terra do bo saber, segundo fagan ... | 5. dentes |
6. Do cu e do superior, canto máis lonxe ... | 6. cheas |
7. A muller que asubía e mexa de pé, nunca boa ... | 7. empezaar |
8. Cando o vento canta, sabe ben a ... | 8. é |
9. Na terra do meu home, quen non traballa non ... | 9. es |
10. Unha vez vello, dúas veces ... | 10. capitán |
11. De banquetes e grandes ceas estás as sepulturas ... | 11. mellor |
12. Dálle Deus pan a quen non ten ... | 12. come |
13. Coida o ladrón que todos son da súa ... | 13. beberei |
14. De boas intencións está o inferno ... | 14 voces |
15. O home onde nace, o boi onde ... | 15. cheo |
16. Vale máis paxaro na man que cento ... | 16. fame |
17. Un gran non enche celeiro, pero axuda ao ... | 17. a voar |
18. O mao estudiante, farto de sono e morto de ... | 18. perdón |
19. A cabalo dado non se lle mira o ... | 19. pace |
20. Can ladrador, pouco ... | 20. facer |
21. Nunca digas: desta auga non ... | 21. desespera |
22. Quen ten lingua vai a ... | 22. rabo |
23. Ladrón que rouba a ladrón ten cen anos de ... | 23. condición |
24. Quen espera ... | 24. manta |
Que é unha cousiña cousa que está se hai sol e, se non hai sol non está?
Verde por fóra e rubia por dentro, e moitas grosas no doce centro
Unha vella cun só dente, chama a toda a súa xente.
Teño catro pés e non son animal; bríllanme os ollos na noite e sen beber non podo andar
Que cousiña será para adiviñar, que ten orellas coma o gato, pés coma o cato, rabo coma o gato, ollos coma o gato e gato non é?
Ten lombo e non anda, follas ten e non é planta, sabe moito e nada fala
Ten barbas e home non é, ten dentes e non pode comer
Son moi fermoso por diante e moi feo por detrás; cambio a cada instante e arremedo aos demais
Que cousiña é que se pon na mesa, córtase, repártese e non se come?
Unha saba branca, sen algodón, que cobre o mundo e o río non
Que cousiña é que nunca se pode tocar coa man esquerda?
Por un carreiriño moi mal empedrado, ando e non me mollo e sempre vou mollado
Que cousiña será que por moito que lle dea o sol nunca enxoita a verás.
Que será unha cousiña cousa que pasa polo río e non se molla e pasa polo lume e non se queima?
Longo como un camiño, torto coma un fouciño e corre coma un canciño
Do tamaño dunha cazola e ten ás e non voa
De que hai que encher un pucheiro para que pese menos que baleiro?
Cen e cen fillos ten e todos a leite os mantén
Que cousiña é que canto máis lle poñen máis pequena é e canto máis lle sacan, máis grande é
Anda e non ten pés, come e non ten boca, canta comida lle dan toda lle parece pouca
A miña amiga e mais eu andamos a un compás, coas pernas para adiante e os pés para atrás.
7.- Adiviñas 2 (recollidas de Escolma de Carballedo, Nicanor Rielo Carballo, Ed. Castrelos).
1-Alto me vexo
no laperexo,
ben vexo vir e non podo fuxir.
2-Bótesme tarde,
bótesme cedo,
ata o maio,
non me ves o pelo.
3-Catro corremontes,
catro cichafontes,
un dálle dálle,
e dous tuturulús
4-Cen redondiños
e un redondón,
un saca saca
e un quita pon
5-Dúas nais e dúas fillas,
cubertas con tres mantillas
e ningunha vai sen ela
aínda que son tres prendas
6-Dúas peludas,
un pelado
e un cálcalle no rabo
7-Embaixo da terra,
nun burato metida,
ten barbas e non cara,
dentes e sen boca,
cabeza e sen pés
e ti que tanto sabes,
adiviña o que é
8-Entre dous puños brancos
hai unha flor amarela,
que se pode presentar
diante do rei e da reina
9-Foliquiño andaba buscando,
o
rabo largo estaba mirando
e se non fora polo buratiño,
o que sería do pobre Foliquiño
10-Miña nai é tartamuda,
meu pai é cantador,
teño un vestido branco
e marelo o corazón
11-Que cousa é,
que cousa non é,
cando vai para o monte
vai enguruñada,
e cando vén para a casa
vén estarricada
12-Teño uns tríngulis míngulis
colgados da barriga,
teño libras, teño cuartas
e en min todos se fían
13-Unha vez, a ver se adiviñas,
debaixo do pinguín que pingaba
estaba o roncón que roncaba
e veu o fungón que fungaba,
e o demo do fungón que fungaba
botou de alí ao roncón que roncaba
![]() ogalego.gal ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional. |