![]() |
Vitoria Ogando Valcárcel - Anxo González Guerra Catedráticos de Lingua Galega e Lit. xubilados |
0.- Identificar substantivos e adxectivos
1.- Colocar o artigo
5.- Poñer en plural
6.- Frases en plural
7.- Completar frases
10.- Comparativos
11.- Traducir do castelán
0.- Identificar os substantivos e adxectivos do texto
MIL PRIMAVERAS
Se a lingua galega fose só o que din os sociolingüistas, unha “lingua B minorizada afectada de diglosia en fase de desaparición mediante un proceso de aculturación” non sei se me animaría a escribila. Afortunadamente non o é, ou non o é fundamentalmente. É tamén a lingua de Rosalía, e de Cunqueiro, a do camareiro que me trae este café, a da miña nai, a miña, e a daquel corvo dun bar de Belvís ao que lle aprenderan a dicir “quero tortilla”. Creo que este é o perigo de problematizar excesivamente as cousas: que un acaba aprazando o seu gozo ata que os problemas se resolvan. Esta é a miña humilde reflexión para este Día das Letras Galegas.
O temor a que unha lingua desapareza é coma o temor á morte: é o medo anticipado a algo que sucederá igualmente (aínda que tamén se podería argumentar que a estatística non exclúe a posibilidade de que sexamos inmortais: toda a xente que existiu na Historia, un seis por cento non morreu aínda). O galego desaparecerá sen dúbida. O español tamén, e tamén o inglés. As linguas son organismos vivos e polo tanto están programadas para extinguirse. Pero co temor á morte dunha lingua pasa coma co temor á nosa propia morte: que pode acabar converténdose nunha obsesión que nos impide gozar do que non é morte e que precede á morte, que é a vida. A lingua galega está aquí e está ben viva mil anos despois de impoñerse á que había antes e que tamén morreu. Pode ter problemas de estatus e de saúde (tamén os teñen os que a falan) pero non hai que contemplala a cada paso como se contempla un doente agonizante. Pódese promover máis, pódese divulgar mellor, pero non debemos confundir o idioma coa política lingüística.
Por iso, precisamente Cunqueiro, con moita sensibilidade, pedía para o galego só “mil primaveras máis”. Eran as que tivera antes ca el. Para min, na frase o importante non é o número de anos senón a cuestión das “primaveras”. Coas linguas, coma coas persoas, non se debe aspirar á inmortalidade, que é unha aspiración que non conduce máis ca á melancolía. Ao que hai que aspirar é á calidade de vida, o que antes se chamaba felicidade. Gocemos do que temos e non nos laiemos tanto, non sexa que lle suceda ao galego o que lles sucede aos enfermos de verdade: que cando se lles ofrece unha e outra vez a extremaunción, acaban morrendo de verdade.
Miguel Anxo Murado, Escrito en cafeterías, Galaxia, 2014. pp. 27-28
Corrección completa do exercicio 0
1.- Poñerlles o artigo a cada unha destas palabras
a) Corrección completa do exercicio 1
b) Escoitar o exercicio corrixido:
2.- Indicar o nome da árbore que produce os seguintes froitos:
a) Corrección completa do exercicio 2
b) Escoitar o exercicio corrixido:
a) Corrección completa do exercicio 3
b) Escoitar o exercicio corrixido:
4.- Explicar as diferenzas entre os seguintes pares de palabras
Corrección completa do exercicio 4
5.- Poñer as seguintes palabras en plural
a) Corrección completa do exercicio 5
b) Escoitar o exercicio corrixido:
6.- Poñer en plural as seguintes frases
1.- Ese marroquí é un home que ten unha cultura moi diferente á occidental.![]()
2.- O mércores sempre tomo un café tranquilamente ante a televisión sen ter o mandil posto e mentres fumo un cigarro, xa que é o único día que non debo traballar despois de xantar.![]()
3.- O martes non vou á piscina municipal. ![]()
4.- Ese rei ditou unha lei sorprendente: obriga ao coronel e ao cónsul a presentárense o luns e o xoves ante a Comandancia da Garda Civil.![]()
5.- O nivel cultural e económico desa familia é aceptábel: todos teñen anel e len algún libro cada semana.![]()
6.- Ese val é moi fértil e agradábel, e ten de todo. Alí podes ver desde un pónei ou un boi pacendo ata un hindú xogando ao hóckey no xardín do hotel.![]()
7.- Hai un farol municipal no parque infantil, mais como está fronte ao cuartel aínda se vai vendo.![]()
8.- Ese can é un berrón, non fai máis que ladrar.![]()
9.- O gol marcado polo xogador israelí non foi legal.![]()
10.- Din que a estrela de mar non é hostil ao ollomol.![]()
11.- Aquel monxe paúl meteu un libro no baúl de cor azul.![]()
12.- No local social dese organismo tómase moito café.![]()
13.- Puxo un pernil sobre a mesa e dixo que esa era a súa credencial.![]()
14.- O rol desempeñado polo bemol no pentagrama é moi importante. Foi o que dixo ese doutor que é moi hábil no manexo do bisturí.![]()
15.- Aquel capitel representa unha escena celestial.![]()
16.- O martes sempre vén algún rapaz.![]()
17.- O corazón senil tamén pode ser pasional.![]()
18.- O lacón está moi caro segundo o prezo oficial.![]()
19.- Teño que mercar tea para un lenzo branco e un calzón azul.![]()
20.- É un edil admirábel segundo o editorial do xornal dominical.![]()
21.- O e pode ser unha vogal aberta ou fechada.![]()
22.- É unha flor común e fácil de atopar en calquera verxel.![]()
23.- Cacei unha perdiz naquel piñeiral.![]()
24.- Esa fábrica téxtil ten unha parede anil.![]()
25.- Crese que o pardal é capaz de cantar unha hora enteira.![]()
26.- Pon o mantel da mesa grande e vai traendo o pemento cru.![]()
27.- Non me gusta ese cartel, é igual que o do ano pasado e ten unha cor insufríbel.![]()
28.- O caracol de meu irmán gañou o campionato mundial, foi o máis áxil e dócil.![]()
29.- A explosión foi provocada por un gas letal.![]()
30.- A abertura gradual de oficinas bancarias farase tendo en conta a situación da sucursal existente.![]()
31.- Algún proceso febril esixe un tratamento delicado.![]()
32.- Con ese pincel tan mao non vas poder pintar o bergantín que se ve nese libro.![]()
33.- Sempre foi un amoral e un intratábel no asunto mercantil.![]()
34.- O antigo guaraní era moi vital e sempre andaba nu.![]()
35.- Nunca vin home máis papón e lacazán.![]()
36.- Sempre será un heroe ocasional o que resolva a situación de perigo.![]()
37.- Estableceu un símil moi difícil de comprender.![]()
38.- Non me convencerás con esa razón.![]()
39.- Tiña un oficio moi raro, andaba á caza do saltón e íao metendo nun fardel, pero el dicía que lle daba cartos. ![]()
7.- Colocar nos ocos as palabras que van entre parénteses fixándose no xénero e número que lles corresponda, engadindo os artigos e facendo as contracción necesarias
Por exemplo, entraron catro ............de ........... (camión, leite, fresco): entraron catro camións de leite fresco
a) Corrección completa do exercicio 7
b) Escoitar o exercicio corrixido:
8.- Indicar os superlativos sintéticos dos seguintes adxectivos
9.- Indicar todas as formas de superlativo que se coñezan
Por exemplo, rico: riquísimo, moi rico, rico abondo, ben rico, superrico, requeterrico, ten cartos como millos, etc.
bo
parvo
verde
custoso
mao
fácil
branco
enfermo
groso
louco
negro
canso
10.- Completar as frases coas formas do comparativo que teñan sentido
a) Corrección completa do exercicio 10
b) Escoitar o exercicio corrixido:
1. El color rojo es mi preferido, tengo la costumbre de ponerme ropa muy original. ![]()
2. Enciende ya el fuego para calentar la leche, la miel y las legumbres del almuerzo. ![]()
3. Como aquí llueve mucho en el arte gallego está muy presente el agua y sus colores. ![]()
4. El origen del problema está en el orden en que declaraban los testigos. ![]()
5. Yo distingo los castaños, los manzanos, los perales y las higueras; pero no los almendros, los naranjos y los cerezos. ![]()
6. Se parece a su madre en la nariz, la sonrisa y unha señal en la frente y supongo que su sangre será muy similar. ![]()
7. El fraile comentó que el yerno le trató siempre como a un perro y le cargaba de trabajo como a una yegua. ![]()
8. La reina paró en Xinzo y se comió unha codorniz de primero, ancas de rana de segundo. ![]()
9. Estaban una catalana, una alemana y una orensana discutiendo quién era mejor ciudadana, máis cristiana y de moral sana. ![]()
10. Los generales españoles compraron miles de fusiles y puñales, cañones, aviones, misiles, para conquistar una ciudad llena de hoteles. ![]()
11. Con tales leyes non se protegen las pieles de los animales salvajes de algunos países africanos. ![]()
12. Se ha hecho un análisis para determinar la dosis de antibiótico que debe tomar para vencer su amigdalitis. ![]()
13. Desde su garage se puede empezar un hermoso viaje por el paisaje costero que se recoge en un cortometraje televisivo. ![]()
14. Dimitió por darle una coz a un diputado y gritarle que tenía dos baúles azules llenos de dinero negro procedente de los controles comunitarios. ![]()
15. Para evitar la cárcel por los avales bancarios vendió unos anillos y unas diademas de la dote de su abuela. ![]()
16. Después se descubrió que la ladrona era una joven que había sido campeona de atletismo del margen izquierdo da la Ría de Vigo. ![]()
17. La labor de extraer sal marino y subirlo a la cumbre en la que está la villa fue cosa de personas casi gigantonas. ![]()
18. Las cuestiones eran fáciles y ellas eran ágiles respondiendo. La primera era sobre símiles, la segunda sobre túneles de velocidad. ![]()
19. La niña china coge una sola zanahoria cruda y se la come entera. ![]()
a) Corrección completa do exercicio 11
b) Escoitar o exercicio corrixido:
![]() ogalego.gal ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional. |