Léxico 3. Exercicio 1: A seguir están 50 definicións que seguen o Dicionário da Língua Galega coordenado por Isaac Alonso Estravís (Ed. Alhena) -ed. en liña-.
1. adro |
2. nuncio |
3. enxame |
4. Pascua |
5. axóuxere |
6. sela |
7. imprenta |
8. quiromancia |
9. amortecedor |
10. quilovatio |
11. monógamo |
12. gula |
13. barlovento |
14. rescate |
15. amazona |
16. elexía |
17. almorzo |
18. fol |
19. patoloxía |
20. balea |
21. pasante |
22. gasosa |
23. lenzo |
24. hipocondría |
25. anticuario |
26. autodeterminación |
27. emperador |
28. innato |
29. aceno |
30. hidrofobia |
31. pasteurizar |
32. chapeu |
33. narcisismo |
34. heliporto |
35. quórum |
36. cerna |
37. regra |
38. grafoloxía |
39. quincuaxenario |
40. confraría |
41. numismática |
42. chisqueiro |
43. illa |
44. leitón |
45. vaíña |
46. barallar |
47. lóstrego |
48. escolma |
49. orellóns |
50. regato |
|
Terreo cercado que acostuman ter as igrexas en fronte ou arredor. ![]()
Festa anual dos cristiáns que conmemora a Resurrección de Cristo. ![]()
Esfera oca de metal que ten dentro dúas ou máis boliñas que, ao axitárense, producen son (lévanas cans e gatos). ![]()
Especie de asento que se coloca sobre o cabalo para maior comodidade do xinete. ![]()
Arte de adiviñar o futuro examinando as liñas da palma da man. ![]()
Dispositivo para amortecer as oscilacións dos resortes de suspensión dun vehículo e que pode ser de fricción ou hidráulico. ![]()
Composición poética e de asunto triste, que lamenta a morte dunha persoa. ![]()
Primeira comida do día despois de se erguer, sen contar a parva ou copiña de augardente. ![]()
Utensilio para soprar o lume ou para introducir o aire nos canos do órgano (na gaita do país é de coiro). ![]()
Mamífero mariño, cetáceo, o maior dos animais que coñecemos. ![]()
Bebida refrescante e con gas, sen alcohol, preparada con anhídrido carbónico, de moi baixo prezo. ![]()
Estado mórbido de tristeza causado pola idea de doenzas imaxinarias. ![]()
Acto polo cal un pobo ou estado decide por sufraxio universal e directo o seu destino político sen coacción ou intervención externa. ![]()
Sinal feito coa cabeza, mans, ollos ou obxectos para darmos a entender o que queremos. ![]()
Quentar unha substancia ata unha temperatura moi alta necesaria para destruír os xermes, como se fai a miúdo co leite. ![]()
Amor excesivo e mórbido á propia persoa, especialmente no aspecto físico. ![]()
Campo ou espazo destinado ao pouso ou partida de helicópteros. ![]()
Número necesario de votantes para que unha asemblea poida tomar un acordo válido. ![]()
A parte central, máis dura, rexa e escura do toro das árbores. ![]()
Instrumento dereito, longo e estreito utilizado para trazar rectas. ![]()
Arte de recoñecer o carácter dunha persoa a partir do exame da súa letra ou escrita. ![]()
Asociación formada por membros dun mesmo oficio ou profesión para defender os intereses propios (moi abundante entre pescadores). ![]()
Envoltura de certas sementes leguminosas como os chícharos; ou tamén, envoltura de coiro ou metal onde se garda a espada. ![]()
Resplandor moi vivo e súbito causado por unha descarga eléctrica nunha treboada. ![]()