Exercicio 4. Pronome persoal: TE/CHE
Lembro que te ollou fixamente.
Lembro que ... ollou... fixamente.
Esa luz non é boa para che proxectar a imaxe ou Esa luz non é boa para proxectarche a imaxe
Esa luz non é boa para ... proxectar... a imaxe.
Cando ías polo carreiro, a silva rachouche a camisa.
Cando ías polo carreiro, a silva ... rachou... a camisa.
Aquel barbeiro non te rapou a xeito.
Aquel barbeiro non ... rapou... a xeito.
Nunca te convencerá de marchar.
Nunca ... convencerá... de marchar.
Non confíes máis nese amigo, vendeute na primeira ocasión.
Non confíes máis nese amigo, ... vendeu... na primeira ocasión.
E eu que te coidaba máis esperto!
E eu que ... coidaba... máis esperto!
Cibrán rexeitouche os argumentos aquel día.
Cibrán ... rexeitou... os argumentos aquel día.
Non sei se che salientei ben o que me interesaba.
Non sei se ... salientei... ben o que me interesaba.
Esa desgraza marcoute para o resto da vida.
Esa desgraza ... marcou... para o resto da vida.
Moito che/te quere aínda que non o recoñezas.
Moito ... quere... aínda que non o recoñezas.
Non fagas caso cando che sorría así.
Non fagas caso cando ... sorría... así.
Coidado coa praia, pódete torrar o sol ou Coidado coa praia, pode torrarte o sol.
Coidado coa praia, ... pode... torrar... o sol.
Foi un veciño quen te/che axudou a subir á maceira.
Foi un veciño quen ... axudou... a subir á maceira.
Hoxe gañouche o Pedro, tes que xogar mellor.
Hoxe ... gañou... o Pedro, tes que xogar mellor.
Bateu tan forte que che fendeu a porta.
Bateu tan forte que ... fendeu... a porta.
A cámara enfocoute perfectamente esta vez.
A cámara ... enfocou... perfectamente esta vez.
Non traio nada para ti, este ano esqueceute o xefe.
Non traio nada para ti, este ano ... esqueceu... o xefe.
Ese viño embebedoute sen te dares conta ou Ese viño embebedoute sen dáreste conta.
Ese viño ... embebedou... sen ... dares... conta.
Onde te colocaches para saíres tan ben na fotografía?
Onde ... colocaches... para saíres tan ben na fotografía?
Repítoche o que xa che contara na festa.
... repito... o que xa ... contara... na festa.
Tal labazada che deu que te chantou no chan.
Tal labazada ... deu... que ... chantou... no chan.
Estabas tan doente que te tiñan que espir e todo ou Estabas tan doente que tiñan que te espir e todo ou Estabas tan doente que tiñan que espirte e todo.
Estabas tan doente que ... tiñan... que ... espir... e todo.
Xa ao entrares, recoñecinte pola voz.
Xa ao entrares, ... recoñecín... pola voz.
Xa estou cansa de che dicir (ou dicirche) que ese guindastre te pode esmagar (ou esmagarte) se te pos aí.
Xa estou cansa de ... dicir... que ese guindastre ... pode... esmagar... se ... pos... aí.
Seica che dixo o bispo que te podías retirar cando che parecese mellor ou Seica che dixo o bispo que podías retirarte cando che parecese mellor.
Seica ... dixo... o bispo que ... podías... retirar... cando ... parecese... mellor.
Como che latexa o corazón, non te asustes, que non é para tanto!
Como ... latexa... o corazón, non ... asustes..., que non é para tanto!
Non te quixen magoar, perdoa ou Non quixen magoarte, perdoa.
Non ... quixen... magoar..., perdoa.
Non fas máis que te illar (ou illarte) dos compañeiros, teste que sentir (ou tes que te sentir ou tes que sentirte) cómodo e deixarte levar polo bo humor.
Non fas máis que ... illar... dos compañeiros, tes que ... sentir... cómodo e ... deixar... levar... polo bo humor.
Vouche quentar (ou quentarche) a auga para que te poidas bañar (ou bañarte) axiña.
... vou... quentar... a auga para que ... poidas... bañar... axiña.
Canto te amou mentres non o consumiu a enfermidade!
Canto ... amou... mentres non o consumiu a enfermidade!
Penseiche arranxar o cuarto canto antes ou Pensei arranxarche o cuarto canto antes.
Pensei ... arranxar... o cuarto canto antes.
Xa escampou, déixoche o paraugas onde estaba.
Xa escampou, ...deixo... o paraugas onde estaba.
En canto che vendeu a dorna o señor Pedro?
En canto ... vendeu... a dorna o señor Pedro?
Si, home, botoute fóra por che soar o móbil ou Si, home, botoute fóra por soarche o móbil.
Si, home, ... botou... fóra por ... soar... o móbil.
Ben me lembro de cando che bateu cun croio na cabeza.
Ben me lembro de cando ... bateu... cun croio na cabeza.
Esas cores tan fortes pódenche producir molestias na vista ou Esas cores tan fortes poden producirche molestias na vista.
Esas cores tan fortes ... poden... producir... molestias na vista.
Se non deixas de facer trasnadas, voute ter que pexar como a un cabalo ou Se non deixas de facer trasnadas, vou terte que pexar como a un cabalo ou Se non deixas de facer trasnadas, vou ter que te pexar como a un cabalo ou Se non deixas de facer trasnadas, vou ter que pexarte como a un cabalo.
Se non deixas de facer trasnadas, ... vou... ter... que... pexar... como a un cabalo.
Hai que ver o ben que te agasallaron hoxe.
Hai que ver o ben que ... agasallaron... hoxe.
Que che receitou dona Inmaculada, esa doutora que tan ben che cae?
Que ... receitou... dona Inmaculada, esa doutora que tan ben ... cae...?
Por ires ás arrasadeiras malloute o pai.
Por ires ás arrasadeiras ... mallou... o pai.
O luns caíanche uns lóstregos arrepiantes.
O luns ... caían... uns lóstregos arrepiantes.
Que ben che recende a roupa!
Que ben ... recende... a roupa!
A nugalla non te deixa erguer a tempo.
A nugalla non ... deixa... erguer a tempo.
Retírate de aí ou guíndote á auga.
... retira... de aí ou ... guindo... á auga.
Case che oín todo.
Case ... oín... todo.
Ponte a comer e que che aproveite!
... pon... a comer e que ... aproveite...!
Que che augurou a túa fada madriña?
Que ... augurou... a túa fada madriña?
Mañá recollereiche os libros.
Mañá ... recollerei... os libros.
Dareiche un aprobado para que te alegres.
... darei... un aprobado para que ... alegres...
Entón puxareite e ti farás como que caes.
Entón ... puxarei... e ti farás como que caes.
Senta aí e non te movas, que che vou procurar un calmante ou Senta aí e non te movas, que vou procurarche un calmante.
Senta aí e non ... movas..., que ... vou... procurar... un calmante.
Demasiado che sorriu a fortuna este Nadal, non te fagas o parvo.
Demasiado ... sorriu... a fortuna este Nadal, non ... fagas... o parvo.
Tal vez che xurdan novas posibilidades, vaite preparando ou Tal vez che xurdan novas posibilidades, vai preparándote.
Quen te pariu, que te lamba!
Quen ... pariu..., que ... lamba...!
O que te afundiu foi unha vaga.
O que ... afundiu... foi unha vaga.
A crise afundiuche a empresa.
A crise ... afundiu... a empresa.
Atopeite a rillares no chocolate.
... atopei... a rillares no chocolate.
Andábache un rato comendo no queixo ou Andaba un rato coméndoche no queixo.
... andaba... un rato comendo... no queixo.
Sempre te lembrarei, pase o que che pase!
Sempre ... lembrarei..., pase o que ... pase...!
Ese médico sandoute e nada che pediu a cambio.
Ese médico ... sandou... e nada ... pediu... a cambio.
Os reféns saíronche ilesos do banco.
Os reféns ... saíron... ilesos do banco.
Xamais te tratarei como un escravo, non te queixes.
Xamais ... tratarei... como un escravo, non ... queixes...
Por che cantarmos esa cantiga, puxéronnos unha multa ou Por cantármosche esa cantiga, puxéronnos unha multa.
Por ... cantarmos... esa cantiga, puxéronnos unha multa.
Se cadra, foron os toxos os que te espiñaron.
Se cadra, foron os toxos os que ... espiñaron...
Meteute nun portal e tirouche a carteira.
...meteu... nun portal e ... tirou... a carteira.
De seguiren así, pouco che van regalar ou De seguiren así, pouco van regalarche.
De seguiren así, pouco ... van... regalar...
O vento rachouche a saia e deixoute toda esfarrapada.
O vento ... rachou... a saia e ... deixou... toda esfarrapada.
Como te distribuíron na aula? Que lugar che correspondeu?
Como ... distribuíron... na aula? Que lugar ... correspondeu?
Saudeite cando te dispuñas a cantar.
... saudei... cando ... dispuñas... a cantar.
Algúns procurábante para che entregar un presente ou Algúns procurábante para entregarche un presente.
Se che proe, ráñate.
Se ... proe..., ... raña...
Non te deixou falar.
Non ... deixou... falar.
Ese resolio mellorarache a voz.
Ese resolio ... mellorará... a voz.
Por que che/te chaman maragato?
Por que ... chaman... maragato?
Díxenche, dígoche e direiche que te/che quixen, quérote/che e querereite/che como nunca ninguén te/che quixo a ti.
... dixen..., ... digo... e ... direi... que ... quixen..., ... quero... e ... quererei... como nunca ninguén ... quixo... a ti.
Que pasou nesa viaxe na que te deron por morto?
Que pasou nesa viaxe na que ... doron... por morto?
Se che saíron ben todas as frases, conténtate, que xa sabes diferenciar te de che.
Se ... saíron... ben todas as frases, ... contenta..., que xa sabes diferenciar te de che.
79. Ireite buscar ao saír do traballo ou Irei buscarte ao saír do traballo.
...irei... buscar... ao saír do traballo.
80. Hoxe non te necesito, podes coller o día libre.
Hoxe non ... necesito..., podes coller o día libre.
81. Eu enténdote, mais non che podo dar a razón, perdoa ou Eu enténdote, mais non podo darche a razón, perdoa.
Eu ...entendo..., mais non ... podo... dar... a razón, perdoa.
82. A avoa preguntouche como che ía no colexio.
A avoa ... preguntou... como ... ía... no colexio.
83. Aquel día escoiteite con atención e logo non che fixen caso.
Aquel día ... escoitei... con atención e logo non ... fixen... caso.
84. Vanche dar a noticia mañá, seica te van trasladar de oficina ou Van darche a noticia mañá, seica trasladarte de oficina.
Van... dar... a noticia mañá, seica ... van... trasladar... de oficina.
85. Que máis che dá? Senta ti nesa cadeira máis baixa!
Que máis ... dá...? ...senta... ti nesa cadeira máis baixa!
86. Sabes que che agradezo o que fas por min, repítoche que é certo.
Sabes que ... agradezo... o que fas por min, ...repito... que é certo.
87. O sábado quíxente poñer a proba ou O sábado quixen poñerte a proba.
O sábado ... quixen... poñer... a proba.
88. Seguro que te investigarán por corrupción nos próximos meses.
Seguro que ... investigarán... por corrupción nos próximos meses.
89. As túas amigas visitarante mañá e igual che traen algo.
As túas amigas ... visitaran... mañá e igual ... traen.... algo.
90. Canto che pagaron polo móbil vello?
Canto ... pagaron... polo móbil vello?
91. Grazas a iso reducíronche a condena dous anos, alégrate.
Grazas a iso ... reduciron... a condena dous anos, ... alégra...
92. O xefe converteute no seu rapaz dos recados, non te motiva moito.
O xefe ...converteu... no seu rapaz dos recados, non ... motiva... moito.
93. Xa che enviaron os resultados da análise? Que tal che saíu?
Xa ... enviaron... os resultados da análise? Que tal ... saíu...?
94. Seica che falaron ben de min e non te enganaron, non.
Seica ... falaron... ben de min e non ... enganaron..., non.
95. Cando che dixo a profesora que te colocaría na primeira mesa?
Cando ... dixo... a profesora que ... colocaría... na primeira mesa?
96. Lembras cando te engadiu como amiga no F.?
Lembras cando ...engadiu... como amiga no F.?
97. Vaia pinta, quen che penteou hoxe ese lindo pelo?
Vaia pinta, quen ... penteou... hoxe ese lindo pelo?
98. Paréceche posible que eu te enganase?
... parece... posible que eu ... enganase...?
99. Xa sei que non che importo, pero eu quíxente moito ou Xa sei que non che importo, pero eu quíxenche moito.
Xa sei que non ... importo..., pero eu ... quixen... moito.
100. A ti como che vai a wifi? E cústache moito?
A ti como ... vai... a wifi? E ... custa... moito?
101. Se as letras das Tanxugueiras non che din nada, non sei que che dicir ou Se as letras das Tanxugueiras non che din nada, non che sei que dicirche.
Se as letras das Tanxugueiras non ... din... nada, non ... sei... que dicir.
102. Como te escoite falar mal de Ortiga, tíroche co móbil.
Como ... escoite... falar mal de Ortiga, ...tiro... co móbil.
103. Négaste a escoitar a Boyanka Kostova porque nunca che gustou o nome.
...negas... a escoitar a Boyanka Kostova porque nunca ... gustou... o nome.
104. Oes, póñoche a Grande Amore no móbil ou prefires que o coloque na tablet?
Oes, ...poño... a Grande Amore no móbil ou prefires que ... coloque... na tablet?
105. "Varre vasoira, vasoira miña / Fai moito tempo que non várre-la cociña", din as Fillas de Casandra. A ti tamén che encanta esa canción?
"Varre vasoira, vasoira miña / Fai moito tempo que non várre-la cociña", din as Fillas de Casandra. A ti tamén ... encanta... esa canción?
106. "Cantan as chicharras pola noite" (Catuxa Salom). A ti cantábanche os pais antes de durmires?
"Cantan as chicharras pola noite" (Catuxa Salom). A ti ... cantaban... os pais antes de durmires?
107. Infórmote de que hydn canta en "galenglish", para que te poñas ao día.
... informo... de que hydn canta en "galenglish", para que ... poñas... ao día.
108. Onte comenteiche que escoitara a Ugía Pedreira en Allariz.
Onte ... comentei... que escoitara a Ugía Pedreira en Allariz.
109. O mes pasado gustábache Baiuca, este xa non che gusta, que che pasa na cabeza?
O mes pasado... gustaba... Baiuca, este xa non ... gusta..., que ... pasa... na cabeza?
110. O luns non conseguín verte no concerto de Mondra / O luns non te conseguín ver no concerto de Mondra.
O luns non ... conseguín... ver... no concerto de Mondra.
111. Gustaríame darche a miña opinión sobre a música indie de Leria.
Gustaríame ... dar... a miña opinión sobre a música indie de Leria.
112. Seica te opós a que De Ninghures estean na verbena.
Seica ... opos... a que De Ninghures estean na verbena.
113. A túa curmá conseguiuche unha entrada para escoitares a Novedades Carminha.
A túa curmá ... conseguiu... unha entrada para escoitares a Novedades Carminha.
114. Zënzar cáeche ben ou non?
Zënzar ... cae... ben ou non?
115. Voute agasallar cun disco de Hugo Guezeta / Vou agasallarte cun disco de Hugo Guezeta.
... vou... agasallar... cun disco de Hugo Guezeta.
116. A música de Rebeliom do Inframundo vaite abraiar / A música de Rebeliom do Inframundo vai abraiarte.
A música de Rebeliom do Inframundo ... vai... abraiar.
117. Comentouche onte algo a profesora sobre Lucía Aldao?
... comentou... onte algo a profesora sobre Lucía Aldao?
118. Pili Pampín e Ortiga montáronche unha boa no Capitol de Santiago.
Pili Pampín e Ortiga ... montaron... unha boa no Capitol de Santiago.
119. Caamaño & Ameixeiras xamais te decepcionan.
Caamaño & Ameixeiras xamais ... decepcionan...
120. Astarot non te vai deixar indiferente / Astarot non vai deixarte indiferente.
Astarot non ... vai... deixar... indiferente.