Exercicio 5. Pronome persoal: pasar a pronome de 3ª persoa
Cando ía polo carreiro, a silva rachoulle a camisa.
Cando ía polo carreiro, a silva ... rachou... a camisa.
Aquel barbeiro non o/a rapou a xeito.
Aquel barbeiro non ... rapou... a xeito.
Nunca o/a convencerá de marchar.
Nunca ... convencerá... de marchar.
Que non confíe máis nese amigo, vendeuno/na na primeira ocasión.
Non confíe máis nese amigo, ... vendeu... na primeira ocasión.
E eu que o coidaba máis esperto!
E eu que ... coidaba... máis esperto!
Cibrán rexeitoulle os argumentos aquel día.
Cibrán ... rexeitou... os argumentos aquel día.
Non sei se lle salientei ben o que me interesaba.
Non sei se ... salientei... ben o que me interesaba.
Esa desgraza marcouno/na para o resto da vida.
Esa desgraza ... marcou... para o resto da vida.
Moito lle/o/a quere aínda que non o recoñeza.
Moito ... quere... aínda que non o recoñeza.
Que non faga caso cando lle sorría así.
Non faga caso cando ... sorría... así.
Coidado coa praia, pódeo/a torrar o sol ou Coidado coa praia, pode torralo/la o sol.
Coidado coa praia, ... pode... torrar... o sol.
Foi un veciño quen o/a/lle axudou a subir á maceira.
Foi un veciño quen ... axudou... a subir á maceira.
Hoxe gañoulle o Pedro, ten que xogar mellor.
Hoxe ... gañou... o Pedro, ten que xogar mellor.
Bateu tan forte que lle fendeu a porta.
Bateu tan forte que ... fendeu... a porta.
A cámara enfocouno/na perfectamente esta vez.
A cámara ... enfocou... perfectamente esta vez.
Non traio nada para el/ela, este ano esqueceuno/na o xefe.
Non traio nada para el/ela, este ano ... esqueceu... o xefe.
Ese viño embebedouno/na sen se dar conta ou Ese viño embebedouno/na sen darse conta
Ese viño ... embebedou... sen ... dar... conta.
Onde se colocou para saír tan ben na fotografía?
Onde ... colocou... para saír tan ben na fotografía?
Repítolle o que xa lle contara na festa.
... repito... o que xa ... contara... na festa.
Tal labazada lle deu que o/a chantou no chan.
Tal labazada ... deu... que ... chantou... no chan.
Estaba tan doente que o/a tiñan que espir e todo ou Estaba tan doente que tiñan que espilo/la e todo ou Estaba tan doente que o/a espir e todo.
Estaba tan doente que ... tiñan... que ... espir... e todo.
Xa ao entrar, recoñecino/na pola voz.
Xa ao entrar, ... recoñecín... pola voz.
Xa estou cansa de lle dicir (ou dicirlle) que ese guindastre o/a pode esmagar (ou esmagalo/la) se se pon aí.
Xa estou cansa de ... dicir... que ese guindastre ... pode... esmagar... se ... pon... aí.
Seica lle dixo o bispo que se podía retirar cando lle parecese mellor ou Seica lle dixo o bispo que podía retirarse cando lle parecese mellor.
Seica ... dixo... o bispo que ... podía... retirar... cando ... parecese... mellor.
Como lle latexa o corazón, que non se asuste, que non é para tanto!
Como ... latexa... o corazón, que non ... asuste..., que non é para tanto!
Non o/a quixen magoar, que perdoe ou Non quixen magoalo/la, que perdoe.
Non ... quixen... magoar..., perdoa.
Non fai máis que se illar (ou illarse) dos compañeiros, tense que sentir (ou ten que se sentir ou ten que sentirse) cómodo e deixarse levar polo bo humor.
Non fas máis que ... illar... dos compañeiros, tes que ... sentir... cómodo e ... deixar... levar... polo bo humor.
Voulle quentar (ou quentarlle) a auga para que se poida bañar (ou bañarse) axiña.
... vou... quentar... a auga para que ... poida... bañar... axiña.
Canto o/a amou mentres non o consumiu a enfermidade!
Canto ... amou... mentres non o consumiu a enfermidade!
Penseille arranxar o cuarto canto antes ou Pensei arranxarlle o cuarto canto antes.
Pensei ... arranxar... o cuarto canto antes.
Xa escampou, déixolle o paraugas onde estaba.
Xa escampou, ...deixo... o paraugas onde estaba.
En canto lle vendeu a dorna o señor Pedro?
En canto ... vendeu... a dorna o señor Pedro?
Si, home, botouno/na fóra por lle soar o móbil ou Si, home, botouno/na fóra por soarlle o móbil.
Si, home, ... botou... fóra por ... soar... o móbil.
Ben me lembro de cando lle bateu cun croio na cabeza.
Ben me lembro de cando ... bateu... cun croio na cabeza.
Esas cores tan fortes pódenlle producir molestias na vista ou Esas cores tan fortes poden producirlle molestias na vista.
Esas cores tan fortes ... poden... producir... molestias na vista.
Se non deixa de facer trasnadas, vouno/na ter que pexar (ou telo/la que pexar ou ter que pexalo/la) como a un cabalo.
Se non deixa de facer trasnadas, ... vou... ter... que... pexar... como a un cabalo.
Hai que ver o ben que o/a agasallaron hoxe.
Hai que ver o ben que ... agasallaron... hoxe.
Que lle receitou dona Inmaculada, esa doutora que tan ben lle cae?
Que ... receitou... dona Inmaculada, esa doutora que tan ben ... cae...?
Por ir ás arrasadeiras mallouno/na o pai.
Por ir ás arrasadeiras ... mallou... o pai.
O luns caíanlle uns lóstregos arrepiantes.
O luns ... caían... uns lóstregos arrepiantes.
Que ben lle recende a roupa!
Que ben ... recende... a roupa!
A nugalla non o/a deixa erguer a tempo.
A nugalla non ... deixa... erguer a tempo.
Que se retire de aí ou guíndoo/a á auga.
Que ... retire... de aí ou ... guindo... á auga.
Case lle oín todo.
Case ... oín... todo.
Que se poña a comer e que lle aproveite!
Que ... poña... a comer e que ... aproveite...!
Que lle augurou a súa fada madriña?
Que ... augurou... a súa fada madriña?
Mañá recollereille os libros.
Mañá ... recollerei... os libros.
Dareille un aprobado para que se alegre.
... darei... un aprobado para que ... alegre...
Entón puxareino/na e el/ela fará como que cae.
Entón ... puxarei... e ... fará como que cae.
Que sente aí e non se mova, que lle vou procurar un calmante ou Que sente aí e non se mova, que vou procurarlle un calmante.
Senta aí e non ... mova..., que ... vou... procurar... un calmante.
Demasiado lle sorriu a fortuna este Nadal, que non se faga o parvo.
Demasiado ... sorriu... a fortuna este Nadal, que non ... faga... o parvo.
Talvez lle xurdan novas posibilidades, que se vaia preparando ou Talvez lle xurdan novas posibilidades, que vaia preparándose.
Talvez ... xurdan... novas posibilidades, que ... vaia... preparando...
Quen o/a pariu, que o/a lamba!
Quen ... pariu..., que ... lamba...!
O que o/a afundiu foi unha vaga.
O que ... afundiu... foi unha vaga.
A crise afundiulle a empresa.
A crise ... afundiu... a empresa.
Atopeino/na a rillar no chocolate.
... atopei... a rillar no chocolate.
Andáballe un rato comendo no queixo ou Andáballe un rato coméndolle no queixo.
... andaba... un rato comendo... no queixo.
Sempre o/a lembrarei, páselle o que lle pase!
Sempre ... lembrarei..., ...pase... o que ... pase...!
Ese médico sandouno/na e nada lle pediu a cambio.
Ese médico ... sandou... e nada ... pediu... a cambio.
Os reféns saíronlle ilesos do banco.
Os reféns ... saíron... ilesos do banco.
Xamais o tratarei como un escravo, que non se queixe.
Xamais ... tratarei... como un escravo, que non ... queixe...
Por lle cantarmos esa cantiga, puxéronnos unha multa ou Por cantármoslle esa cantiga, puxéronnos unha multa
Por ... cantarmos... esa cantiga, puxéronnos unha multa.
Se cadra, foron os toxos os que o/a espiñaron.
Se cadra, foron os toxos os que ... espiñaron...
Meteuno/na nun portal e tiroulle a carteira.
...meteu... nun portal e ... tirou... a carteira.
De seguiren así, pouco lle van regalar ou De seguiren así, pouco van regalarlle.
De seguiren así, pouco ... van... regalar...
O vento rachoulle a saia e deixouna toda esfarrapada.
vento ... rachou... a saia e ... deixou... toda esfarrapada.
Como o/a distribuíron na aula? Que lugar lle correspondeu?
Como ... distribuíron... na aula? Que lugar ... correspondeu?
Saudeino/na cando se dispuña a cantar.
... saudei... cando ... dispuña... a cantar.
Algúns procurábano/a para lle entregar un presente ou Algúns procurábano/a para entregarlle un presente.
Algúns ... procuraban... para ... entregar... un presente.
Se lle proe, que se rañe.
Se ... proe..., que ... rañe...
Non o/a deixou falar.
Non ... deixou... falar.
Ese resolio melloraralle a voz.
Ese resolio ... mellorará... a voz.
Por que lle/o/a chaman maragato?
Por que ... chaman... maragato?
Díxenlle, dígolle e direille que o/a/lle quixen, quéroo/a/lle e querereino/na/lle como nunca ninguén o/a/lle quixo a vostede.
... dixen..., ... digo... e ... direi... que ... quixen..., ... quero... e ... quererei... como nunca ninguén ... quixo... a vostede.
Se lle saíron ben todas as frases, que se contente, que xa sabe diferenciar lle de o.
Se ... saíron... ben todas as frases, que ... contente..., que xa sabe diferenciar lle de o.
76. Ireino/na buscar ao saír do traballo ou Irei buscalo/la ao saír do traballo.
...irei... buscar... ao saír do traballo.
77. Hoxe non o/a necesito, pode coller o día libre.
Hoxe non ... necesito..., pode coller o día libre.
78. Eu enténdoo/a, mais non lle podo dar a razón, perdoe ou Eu enténdoo/a, mais non podo darlle a razón, perdoe.
Eu ...entendo..., mais non ... podo... dar... a razón, perdoe.
79. A avoa preguntoulle como lle ía no colexio.
A avoa ... preguntou... como ... ía... no colexio.
80. Aquel día escoiteino/na con atención e logo non lle fixen caso.
Aquel día ... escoitei... con atención e logo non ... fixen... caso.
81. Vanlle dar a noticia mañá, seica o/a van trasladar de oficina ou Van darlle a noticia mañá, seica van trasladalo/la de oficina.
Van... dar... a noticia mañá, seica ... van... trasladar... de oficina.
82. Que máis lle dá? Sente vostede nesa cadeira máis baixa!
Que máis ... dá...? ...sente... vostede nesa cadeira máis baixa!
83. Sabe que lle agradezo o que fai por min, repítolle que é certo.
Sabe que ... agradezo... o que fai por min, ...repito... que é certo.
84. O sábado quíxeno/a poñer a proba ou O sábado quixen poñelo/la a proba.
O sábado ... quixen... poñer... a proba.
85. Seguro que o/a investigarán por corrupción nos próximos meses.
Seguro que ... investigarán... por corrupción nos próximos meses.
86. As súas amigas visitarano/na mañá e igual lle traen algo.
As súas amigas ... visitaran... mañá e igual ... traen.... algo.
87. Canto lle pagaron polo móbil vello?
Canto ... pagaron... polo móbil vello?
88. Grazas a iso reducíronlle a condena dous anos, alégrese.
Grazas a iso ... reduciron... a condena dous anos, ... alégre...
89. O xefe converteuno no seu rapaz dos recados, non o motiva moito.
O xefe ...converteu... no seu rapaz dos recados, non ... motiva... moito.
90. Xa lle enviaron os resultados da análise? Que tal lle saíu?
Xa ... enviaron... os resultados da análise? Que tal ... saíu...?
91. Seica lle falaron ben de min e non o/a enganaron, non
Seica ... falaron... ben de min e non ... enganaron..., non
92. Cando lle dixo a profesora que o/a colocaría na primeira mesa?
Cando ... dixo... a profesora que ... colocaría... na primeira mesa?
93. Lembra cando a engadiu como amiga no F.?
Lembra cando ...engadiu... como amiga no F.?
94. Vaia pinta, quen lle penteou hoxe ese lindo pelo?
Vaia pinta, quen ... penteou... hoxe ese lindo pelo?
95. Parécelle posible que eu o/a enganase?
... parece... posible que eu ... enganase?
96. Xa sei que non lle importo, pero eu quíxenlle moito ou Xa sei que non lle importo, pero eu quíxeno/na moito.
Xa sei que non ... importo..., pero eu ... quixen... moito.
97. A vostede como lle vai a wifi? E cústalle moito?
A vostede como ... vai... a wifi? E ... custa... moito?
98. A vostede sábenlle ben as mazás?
A vostede ... saben... ben as mazás?
99. A vostede cando o/a chamarán para a vacina da COVID?
A vostede cando ... chamaran... para a vacina da COVID?
100. A vostede convencerano do cambio?
A vostede ... convenceran... do cambio?
Segunda parte:
101. Se as letras das Tanxugueiras non lle din nada, non sei que lle dicir / Se as letras das Tanxugueiras non lle din nada, non sei que dicirlle
Se as letras das Tanxugueiras non ... din... nada, non ... sei... que dicir.
102. Como o/a escoite falar mal de Ortiga, tírolle co móbil.
Como ... escoite... falar mal de Ortiga, ...tiro... co móbil.
103. Négase a escoitar a Boyanka Kostova porque nunca lle gustou o nome.
...nega... a escoitar a Boyanka Kostova porque nunca ... gustou... o nome.
104. Oia, póñolle a Grande Amore no móbil ou prefire que llo coloque na tablet?
Oia, ... poño... a Grande Amore no móbil ou prefire que ... coloque... na tablet?
105. "Varre vasoira, vasoira miña / Fai moito tempo que non várre-la cociña", din as Fillas de Casandra. A vostede tamén lle encanta esa canción?
"Varre vasoira, vasoira miña / Fai moito tempo que non várre-la a cociña", din a Fillas de Casandra. A vostede tamén ... encanta... esa canción?
106. "Cantan as chicharras pola noite" (Catuxa Salom). A vostede cantábanlle os pais antes de durmir?
"Cantan as chicharras pola noite" (Catuxa Salom). A vostede ... cantaban... os pais antes de durmir?
107. Infórmoo/a de que hydn canta en "galenglish", para que se poña ao día.
... informo... de que hydn canta en "galenglish", para que ... poña... ao día.
108. Onte comenteille que escoitara a Ugia Pedreira en Allariz.
Onte ... comentei... que escoitara a Ugía Pedreira en Allariz.
109. O mes pasado gustáballe Baiuca, este xa non lle gusta, que lle pasa na cabeza?
O mes pasado... gustaba... Baiuca, este xa non ... gusta..., que ... pasa... na cabeza?
110. O luns non conseguín velo/la no concerto de Mondra / O luns non o/a conseguín ver no concerto de Mondra.
O luns non ... conseguín... ver... no concerto de Mondra.
111. Gustaríame darlle a miña opinión sobre a música indie de Leria.
Gustaríame ... dar... a miña opinión sobre a música indie de Leria.
112. Seica se opón a que De Ninghures estean na verbena.
Seica ... opón... a que De Ninghures estean na verbena.
113. A súa curmá conseguiulle unha entrada para escoitar a Novedades Carminha.
A súa curmá ... conseguiu... unha entrada para escoitar a Novedades Carminha.
114. Zënzar cáelle ben ou non?
Zënzar ... cae... ben ou non?
115. Vouno/a agasallar cun disco de Hugo Guezeta / Vou agasallalo/a cun disco de Hugo Guezeta.
... vou... agasallar... cun disco de Hugo Guezeta.
116. A música de Rebeliom do Inframundo vaino/a abraiar / A música de Rebeliom do Inframundo vai abraialo/a.
A música de Rebeliom do Inframundo ... vai... abraiar...
117. Comentoulle onte algo a profesora sobre Lucía Aldao?
... comentou... onte algo a profesora sobre Lucía Aldao?
118. Pili Pampín e Ortiga montáronlle unha boa no Capitol de Santiago.
Pili Pampín e Ortiga ... montaron... unha boa no Capitol de Santiago.
119. Caamaño & Ameixeiras xamais o/a decepcionan.
Caamaño & Ameixeiras xamais ... decepcionan...
120. Astarot non o/a vai deixar indiferente / Astarot non vai deixalo/a indiferente.
Astarot non ... vai... deixar... indiferente.